O portavoz nacional de En Marea non quixo facer balance do goberno de Ferrol en Común.
O portavoz nacional de En Marea, Luís Villares, asegurou que no municipio de Ferrol “é necesario mellorar as respostas que neste momento están a ofrecerse” e que por iso o proxecto que apoian, Marea de Ferrol, “ofrecerá novas oportunidades en clave social, de desmercantilización de bens públicos que neste momento están privatizados, ademais de máis oportunidades laborais, por iso apoiamos o proxecto municipalista de Marea de Ferrol”.
Ditas manifestacións realizounas Villares en Ferrol, no Centro Cívico de Canido, durante a firma do protocolo de colaboración entre En Marea e Marea de Ferrol, cuxa candidatura ás eleccións municipais estará encabezada por Bernardo Lorenzo Cuétara.