Villares asegura que lidera unha «nova marea»

1 minutes read

O portavoz de En Marea, Luís Villares, defendeu este sábado que a celebración do V Plenario da formación supón o inicio dunha «nova marea» que busca recuperar a «transversalidade» da esquerda galega que, nos últimos tempos, foi «abandonada» por Unidas Podemos. En declaracións á prensa nun receso da reunión plenaria -á que asistiron unhas 200 persoas- Villares mostrouse satisfeito de liderar «o que hoxe queda de En Marea, unha nova marea ilusionada e de xente independente».

O deste sábado foi o primeiro plenario despois da fractura do espazo político da chamada ‘unidade popular’ que naceu en 2016 co impulso de Podemos, Anova e Esquerda Unida; forzas que agora non senten identificadas polo partido instrumental que axudaron a crear para concorrer ás eleccións galegas de 2016. Con todo e a pesar dese distanciamento, que tivo un importante custo electoral para a esquerda rupturista, Villares considera que «existe un espazo político galego dentro do espazo progresista que sen En Marea estaría orfo». Por iso, dixo, é importante manter o espírito de En Marea sobre todo cando resta pouco máis dun ano para as eleccións autonómicas debido a que a pesar de que o actual non é o «momento de abordar fórmulas de concorrencia» si era necesario un espazo de reflexión para «definir quen son»