Vimianzo acollerá a exposición ‘Nudo’, da artista compostelá Inés Silvalde

A Sala Antón Mouzo da Casa da Cultura de Vimianzo acollerá a exposición “Nudo”, da artista compostelá Inés Silvalde. Trátase do vixésimo traballo da autora, que leva dende 2008 participando en mostras e proxectos artísticos.

A inauguración será este venres, 23 de febreiro, ás 20:00 horas, e permanecerá en Vimianzo ata o vindeiro 24 de marzo.

Inés Silvalde Videla (1983) é licenciada en Belas Artes, na especialidade de Pintura, pola Universidade de Vigo e foi docente de artes plásticas e pintura en diferentes escolas, centros e concellos. Ademais, forma parte do colectivo 365, formado por artistas de Compostela.

A concelleira de Cultura, Rosa Blanco, celebra poder acoller a mostra da artista galega e destaca que “este tipo de eventos consolidan a Vimianzo como un concello que aposta por un programa cultural de primeira liña, accesible e durante todo o ano”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha