Vimianzo acolleu a presentación do documental O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira

1 minutes read

A Casa da Cultura de Vimianzo acolleu na tarde deste venres a presentación do documental O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira, unha iniciativa do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM) para poñer en valor a historia, a paisaxe e o patrimonio da nosa comarca.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, encargouse de dar a benvida ás persoas asistentes, destacando a importancia de coñecer, preservar e transmitir o patrimonio que forma parte da identidade da Terra de Soneira.

No acto participaron tamén Xosé María Lema Suárez, presidente do SEMESCOM; Moncho Gándara, vicepresidente da entidade; Manuel Rial, director e voz do documental; e Pablo Alvite, responsable da gravación, realización e montaxe.

Un encontro para achegarse á historia dun río ligado á vida da comarca e reivindicar a importancia da investigación e da divulgación do patrimonio vimiancés.

O Concello de Vimianzo agradeceu ao SEMESCOM e a todas as persoas que fixeron posible este traballo o seu compromiso coa memoria e coa cultura da Costa da Morte.

«Coñecer o que somos é tamén unha maneira de coidar o noso patrimonio», concluían.