Vimianzo | Adxudicadas as obras de construción de sendas peonís en Tufións

1 minutes read

A Deputación da Coruña acolleu este venres a sinatura do contrato das obras de construción de sendas peonís na estrada DP 1603 ao seu paso por Tufións, na parroquia de Cereixo en Vimianzo, adxudicadas por algo máis 385.000euros.

O deputado responsable do departamento de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, explicou que a Deputación activa así un proxecto que responde á demanda realizada no seu día pola alcaldesa de Vimianzo co obxecto de mellorar a seguridade nunha zona que conta con numerosas vivendas e parcelas de uso agrario e que actualmente carece de beirarrúas ou espazos seguros para o paso peonil.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, resalta a que a construción das sendas peonís é «esencial para a mellora da seguridade viaria dos peóns ao poder camiñar sen invadir a calzada». Apunta que ademais permitiralle á veciñanza «novas opcións para incrementar a mobilidade entre os núcleos de poboación».