Vimianzo amosará este domingo a súa solidariedade na tradicional Gala de Nadal

1 minutes read

Este domingo, 17 de decembro, Vimianzo amosará a súa solidariedade na tradicional Gala de Nadal, realizada en colaboración con Cáritas e Cruz Vermella.

Durante a celebración, que estará presentada por Víctor Fábregas, haberá actuacións musicais e un gran sorteo de agasallos. Para rematar a xornada, haberá chocolatada para todas as persoas asistentes.

As persoas interesadas en asistir poden adquirir a súa entrada en Cáritas e Cruz Vermella. Ademais, no propio día haberá un punto de venda na Casa da Cultura. Para aquelas que non poidan achegarse, pero queiran colaborar nesta iniciativa, habilitarase unha Fila 0, para a que poderán mercar pases de xeito simbólico.

A maiores, poderanse realizar doazóns de alimentos non perecedoiros a través das “caixas solidarias” e colaborar economicamente no número de conta ES51 2080 4130 0007 3452.

Desde o goberno local animan á cidadanía a asistir a esta xornada máxica, que é unha oportunidade para seguir demostrando que a solidariedade camiña da man dos veciños e veciñas de Vimianzo.