30
Intransitable está o camiño polo que discorre a andaina que se ía celebrar esta fin de semana, enmarcada na programación ‘Recunchos de outono’ por Bamiro. Debido ás precipitacións dos últimos días, así como á previsión meteorolóxica, non se poderá desenvolver este 30 de outubro, tal e como estaba previsto, ao non poderse garantir a seguridade das persoas participantes. O Concello de Vimianzo emitiu un comunicado informando que se concretará a futura data de celebración proximamente.