Vimianzo | Aprobada a adhesión ao Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable

1 minutes read
  • Houbo unanimidade tamén na aprobación do regulamento de réxime interior da escola infantil municipal “Os Vimianziños”

O Concello de Vimianzo aprobou este venres, nun pleno ordinario e por unanimidade, a adhesión ao Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES). Con esta acción o concello comprométese a reducir as emisións de CO2 nun 40% en todo o municipio. O PACES está subvencionado pola Xunta de Galicia e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Houbo unanimidade tamén na aprobación do regulamento de réxime interior da escola infantil municipal “Os Vimianziños”; así coma na aprobación da moción presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE, referente ao manifesto do 25 de novembro “Concellos galegos polo bo trato” da FEGAMP.