Ante esta situación tan especial que estamos a vivir, as ventás vimiancesas están quedando fermosas cos debuxos dos máis pequenos e pequenas da casa. Esta creatividade artística da rapazada é unha mensaxe de optimismo ante o avance do COVID-19 que sería boa idea que compartiran con toda a veciñanza de maneira virtual.
Por iso, desde o Concello de Vimianzo, queren que tamén deixen as súas pinceladas nas redes sociais. Estas ventás e balcóns decorados polas familias son espazos temporais de arte para compartir #VimianzoNaVentá.
Cos debuxos que se acheguen ao correo cultura@vimianzo.gal crearase un álbum na páxina do facebook do concello para que todos e todas poidamos ver as creacións dos/as artistas infantís vimiancéses.
Animádevos a participar:
- PASO 1: Facer un debuxo sobre o confinamento. Si xa o tes feito quitádelle unha fotiño!.
- PASO 2 Fáillo chegar (indicando nome e idade do/a artista da casa) enviándoo ao correo cultura@vimianzo.gal
Crearán un álbum na páxina de Facebook do Concello.
