Vimianzo celebrará a súa Gala Solidaria o domingo 18 de decembro

1 minutes read

O Concello de Vimianzo, Cáritas e Cruz Vermella colaborarán novamente para retomar a Gala Solidaria, tras dous anos de irrupción pola pandemia da COVID-19.

Será na Casa da Cultura o domingo 18 de decembro ás 17:30 horas, con actuacións artísticas e sorteo de agasallos. As entradas pódense adquirir xa en Cáritas, Cruz Vermella e na Casa da Cultura o propio día da Gala. As persoas que merquen as entradas de xeito anticipado, deberán estar na Casa da Cultura antes das 17:00 horas

Tanto a Administración local como as organizacións involucradas agradecen a colaboración da veciñanza pola axuda prestada, empatía e comprensión, por tender unha man ás persoas máis favorecidas e, en definitiva, por ser e formar parte tanto de Cruz Vermella como de Cáritas.

Así mesmo, instan á poboación local a ser partícipe para involucrarse en todo o proceso e organización, e para elo póñense á disposición de todas aquelas interesadas e interesados a ser parte do organigrama de voluntariado. Tamén se informa ás veciñas e veciños que se poden realizar doazóns de alimentos non perecedoiros a través das “caixas solidarias” a disposición nos supermercados, igrexas, centros educativos e sedes de Cáritas e Cruz Vermella.

Ademais tamén se pode colaborar economicamente con esta acción no número de conta ES51 2080 0082 4130 0007 3452 de ABANCA. Para máis información, pódese contactar nos teléfonos 981 71 71 36 (Cruz Vermella), 686 05 05 85 (Cáritas) ou 981 70 74 25 (Servizos Sociais).