Vimianzo | Executadas varias melloras viarias en Treos, Colúns e Carnio con fondos de AGADER

0 minutes read
  • Tamén se acondicionou a pista de acceso aos petróglifos de Boallo

O Concello de Vimianzo finalizou as actuacións de mellora en varios tramos da pista que conecta Treos con Colúns, ademais da que leva a Carnio. Estas intervencións tamén se acometeron na pista de acceso aos petróglifos de Boallo. Estes proxectos estiveron subvencionados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER.

Entre as tarefas de acondicionamento destacan a aplicación de zahorra no firme, a roza nas cunetas e a instalación de novas canalizacións e tubaxes no sistema de augas.