40
Este martes comezou a funcionar o Servizo de Madrugadores no CEIP San Vicenzo de Vimianzo onde os cativiños e as cativiñas, con moito entusiasmo, puideron gozar dun almorzo saudable, ademais dunha chea de actividades lúdicas e educativas que as monitoras organizaron dende a primeira hora da mañá.
Trátase dun servizo de conciliación especialmente demandado polas familias para poder así compatibilizar os seus horarios laborais co horario escolar dos seus fillos e fillas.
A alcaldesa Mónica Rodríguez comprobou de primeira man o funcionamenro do servizo cunha visita realizada ao centro educativo.