36
O Concello de Vimianzo poñerá a disposición da veciñanza en situación de especial vulnerabilidade un servizo de entrega a domicilio de produtos de primeira necesidade, a ter en conta alimentos e medicamentos como prioridade.
Desde o Concello rogan un uso responsable deste servizo, para poder atender correctamente á veciñanza que máis o precisa. Os horarios de atención telefónica será de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.
Os principais teléfonos de atención ao público serán o do Concello, o 981 71 60 01, en horario de 9:00 a 14:00 horas; Servizos Sociais 981 70 74 26, en horario 9:00 a 14:00 horas. Fora deste servizo: Protección Civil no 648 24 02 17 e Policía Local no 617 48 48 52.