27
- As persoas interesadas poden inscribirse na web municipal
O Concello de Vimianzo e a Peña Barcelonista Irmandiña comezaron os preparativos para a xornada micolóxica que terá lugar o vindeiro domingo 14 de novembro. Ás 10:00 horas iniciarase a recolleita de cogomelos para, sobre as 13:00 horas, poder clasificalos e degustalos posteriormente na Casa da Cultura.
As prazas son limitadas e as persoas interesadas en participar poden inscribirse na web municipal. Desde o Concello recomendan levar roupa e calzado axeitados, así como unha cesta e un coitelo ou navalla para cortar os fungos.