- O Concello repartirá máis de 6.000 euros en premios nos concursos de disfraces de Vimianzo e Baíñas
O concello de Vimianzo presentou a súa programación de entroido cuxo día grande será o sábado 22 de febreiro. A partir das 16:30 horas as comparsas, grupos, parellas e disfraces individuais percorrerán as rúas da vila para rematar nunha carpa da Praza do Concello onde se celebrará o concurso de disfraces. Tamén haberá inchables e actividades para os máis cativos e mesmo actuará a orquestra Trébol.
Este ano repartiranse máis de 6.000 euros en premios, e as comparsas poderán optar a 1.700€ participando tanto en Vimianzo como en Baíñas, cuxo concurso celebrarase o sábado 29 de febreiro a partir das 19:30 horas.
O prazo para anotarse no concurso de Vimianzo remata o 20 de febreiro ás 14:00h e será necesario inscribirse de xeito presencial na Casa da Cultura ou ben por teléfono chamando ao 981717288. Os de desexen anotarse no de Baíñas poderán facelo ata o 27 de febreiro ás 14:00 horas.
Ademais, os días 24, 25 e 26 de febreiro desenvolverase na Casa da Cultura un Obradoiro infantil de cociña entroideira no que poderán participar nenas e nenos de 3 a 10 anos. O prazo para anotarse remata o 20 de febreiro.
Bases para participar aquí.