Vimianzo recibe este luns 30 de maio o programa ‘Somos moitos tour 2022’, cuxo obxectivo é promover unha campaña de comunicación dirixida á xuventude a través dunha iniciativa en liña con dous obxectivos da estratexia da UE para este ámbito de idade.
Ten lugar na praza do Concello, de 16:30 a 20:30 horas. A rapazada poderá coñecer as oportunidades de prácticas a nivel nacional, desenvolver as “soft skils” mediante actividades participativas, aprender sobre outras culturas e países europeos mediante culturas e países europeos mediante a ludificación e recoller a información sobre oportunidades de emprego nos países do Espazo Económico
Este particular ‘tour’ viaxa por distintas cidades, nacido nun contexto onde a crise económica provocada pola pandemia do coronavirus tivo na mocidade o grupo social máis afectado. O parón da actividade e a destrución de emprego volveu ser máis cruenta cos novos e novas, que tiveron que soportar unha taxa de paro do 38%.