Vimianzo | Volve unha nova edición do ‘Día da bicicleta’

1 minutes read
  • Esta novena edición, que conta coa colaboración do Tríatlon Costa da Morte, desenvolverase o 21 de agosto.
  • As inscricións poden formalizarse ata o 19 de agosto na web municipal.

O Concello de Vimianzo organiza, un ano máis, o ‘Día da bicicleta’, unha xornada que neste 2022 celebra a súa IX edición e cuxo obxectivo é promover o uso deste vehículo como actividade deportiva saudable e como medio de transporte sostible.

A iniciativa, que conta coa colaboración do Club Tríatlon Costa da Morte, trátase dunha pequena marcha cicloturista de 11 quilómetros que percorrerá varias rúas do núcleo urbano ademais de lugares próximos á vila situados polo Val de Vimianzo. A saída farase desde a praza do Concello ás 10:30 horas.

As inscricións poden formalizarse a través da web municipal (www.vimianzo.gal) antes do venres 19 de agosto. As persoas menores de idade deberán ir acompañadas dun adulto ou adulta. Será obrigatorio o uso de casco.