Vitoria axustada para o Calvo Xiria ante o Balonmán Lalín (38-37)

1 minutes read

Esta fin de semana dispútase a 10ª xornada e o Calvo Xiria recibía no seu feudo ao Disiclín Balonmán Lalín, un clásico do grupo galego de Primeira Nacional, nun duelo pitado polos asturianos Alejandro Lozano e Pablo Martínez. O encontro foi moi igualado de principio a fin. O Lalín comezou abrindo a lata e dominando ao descanso dous arriba, 16-18. A segunda parte comezaba cun Calvo Xiria un pouco máis dominante, pero os do Deza tampouco se deixaban abasallar e tras as táboas no marcador durante varios minutos de túa miña, o local Chimpo e o visitante Duarte marcábanse o seu duelo particular que no último suspiro decantou o Calvo Xiria por mediación de Julián, para poñer o definitivo 38-37 no marcador.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?