O Calvo Xiria afrontaba unha nova xornada na casa, con numerosas baixas no seu plantel e dúas derrotas seguidas ao lombo, pero con moita ilusión de poder seguir sumando puntos no seu casilleiro particular volveu á senda da vitoria, neste caso fronte ao Carnes Doribeiro Ourense Provincia Termal. Precisamente o equipo visitante foi o encargado de inaugurar o marcador do encontro, dende os sete metros, por mediación de Jacobo, máximo anotador da competición. Pronto empataría Manu Méndez para o Xiria, boas intervencións tamén de Darío baixo paus e fallos na finalización do ataque visitante lograron que o Calvo Xiria collese unha lixeira vantaxe de ata tres tantos no marcador. Ao descanso resultado axustado, 14-13. Nunha segunda parte tamén moi igualada, ampliando a superioridade no xogo e no marcador o conxunto local, pero sen terminar de definir pechar o encontro con claridade ata os últimos tres minutos de partido onde o Calvo Xiria conseguiu dominar de cinco no marcador e ao final do encontro de catro, 30-26. Á volta da Semana Santa O Calvo Xiria visitará ao líder da competición, o Lalín.
19