O Calvo Xiria balonmán desexaba volver este sábado á senda do triunfo tras dúas semanas sen facelo, para iso tería que ser superior e vencer a un sempre complicado Bueu Atlético, quinto clasificado, e así foi. Empezou marcando o Calvo Xiria tras un rexeite do porteiro visitante e unha boa recuperación, 30 segundos tardou en abrir a lata o conxunto carballés por mediación de Juanca. O Calvo Xiria conseguiu levar a iniciativa cun bo dominio na primeira metade, chegando ao descanso cunha cómoda superioridade de 15-8. Na continuación o Bueu enchufouse máis ao encontro, chegando a recortar distancia no marcador de 4 goles no minuto 10 da segunda metade e 22-20 a falta de cinco minutos para o final. A partir de aí unha pena máxima convertida polo xogador local David García, sería o empuxe para que xogadores como Diego Vega, en aviso de pasivo, ou Fari sobre a bucina encarasen a conclusión do encontro cunha nova vitoria do Calvo Xiria 27-23.
15