Vitoria do Calvo Xiria ante a Sar tras unha xenialidade de Gabriel

1 minutes read

O Calvo Xiria enfrontouse na casa este sábado a Sar Plastic Omnium. Os de Redondela gozan dun bo estado de forma e presentábanse en Carballo en situación de que dos últimos 5 partidos tan só perderan un. Comezou dominando no marcador o conxunto pontevedrés. O Calvo Xiria sería quen de facerlle fronte, chegando a poñerse por diante nos primeiros 20 minutos con ata tres goles de diferenza, pero a Sar recompúxose ben ata lograr de novo o equilibrio e incluso a superación ao descanso tras un tempo morto, 15-17.

Na segunda metade o conxunto visitante seguiu explotando as súas mellores armas en ataque, provocando intervencións de nivel dun dos destacados do Calvo Xiria, o porteiro Antonio Mato. Similarmente á primeira metade o Calvo Xiria aproximouse no minuto 17 aos tres goles de vantaxe, pero a Sar ao seu ritmo lento lograba manter o resultado en tablas a falta de 9 minutos.

Cun empate a 31 no marcador e un tempo morto decretado por Adrián Dubra a falta de 13 segundos para o remate, tras a reanudación do xogo, co Xiria en posesión e seis xogadores en pista, un golpe franco sobre Chimpo remataría cunha xenialidade de gol de Gabriel que lle daba a vitoria ao Calvo Xiria sobre a bucina, 32-31. Quedan dous partidos desta tempada para ir pechando posicionamento. Tan só lle queda ao conxunto carballés unha saída a Cangas e un derbi na casa fronte ao Oar.