Grupo Lemaco Xiria A 36 – Bm. Abegondo Siem 32 (19-17)
Tivo máis apuros dos previstos o Grupo Lemaco para desfacerse do seu rival na tarde do pasado domingo. O Abegondo presentou outra cara que fai uns meses onde saíra derrotado de carballo por gran diferenza de goles, este domingo pelexou ata o derradeiro suspiro do partido.
Non tiveron o día os xogadores do Xiria, moi precipitados no ataque, con numerosas perdas de balón e demasiado permisivos en labores defensivas, vendo como o Abegondo se agarraba ao partido con ataques largos ao borde do pasivo que finalmente remataban en gol.
O maior fondo da bancada do Xiria permitiu variacións para non poñer os dous puntos en perigo nesta xornada, na vindeira visitará o Grupo Lemaco a Sar de Redondela.
Grupo Lemaco Xiria B 33 – Culleredo Galaico Caravaning 34 (13-20)
Como na xornada anterior, o Grupo Lemaco B despois dunha mala primeira metade onde o Culleredo foi moi superior e marcou distancias no marcador, meteu maior intensidade nas súas accións e conseguiu remontar unha distancia de 8 goles, incluso púxose por diante no marcador, pero desta vez chegou coa gasolina moi xusta á recta final do encontro e non puido superar ao rival. Gran partido entre os noveles de ambos clubes que volta a gañar o Culleredo de un gol como sucedera na primeira volta en Almeiras.