Vitoria do Grupo Lemaco Xiria ante o Rodeiro

Cedida

O Grupo Lemaco Xiria desprazouse este sábado ata Rodeiro para medirse ao conxunto local. Non foi un partido fácil, sobre todo polo estado escorregadizo da pista, que propiciou que o xogador Dani Bello se lesionara cunha escordadura de nocello.

Os carballeses trataron de imprimir velocidade desde o inicio do partido, pero o estado da cancha fíxolles frear ao non permitir desprazamentos rápidos. Con todo, o Xiria apegouse á solidez defensiva e chegou ao descanso marcando diferenzas a favor cun 14 a 18.

O encontro rematou cun Grupo Lemaco intenso que apostou por reforzar a defensa e resolvendo a maior parte das ocasións no ataque para acabar dominando cun 24 a 32.

Balonmán Rodeiro 24 (10): Marcos Vázquez, Xabier Montes, Sergio Moure 1, Izan Guerra 6, Diego Fernández 1, Raul Arbor 1, David García, David Vázquez 3, Brais Calvo 2 e Roi González 10.

Grupo Lemaco Xiria A 32 (18): Antón Pardiñas (porteiro), Erik Vázquez 2, Xurxo Fraga 5, Marcos Amarelle 4, Manu Rey 4, Hugo García 6, Angel Villar, Miguel Cambón 1, Manu Pérez, Pablo Veiga 8, Dani Bello 1, Pablo Suárez e Chema Negreira 1.