Hierros Varela Urbieta Xiria 38 – Balonmán Chapela 37 (18-19)
Hierros Varela Urbieta e Chapela disputaron un partido moi igualado este domingo, as alternativas no marcador e no xogo foron constantes pero finalmente decantouse o encontro en favor dos locais.
Un balonmán Chapela moi peleón, levou as súas opcións de ataque a fortes un contra un onde o Xiria sufría moito, como consecuencia os de Carballo víanse superados e cando non sufrían sancións en forma de exclusións, 6 por parte do Xiria e unha do rival, e sobre todo 7 metros, ata 10 lanzou Chapela por so un dos locais. Pese a elo o Hierros Varela Urbieta non lle perdeu a cara ao encontro e foi armándose de camiño a un final igualado onde soubo administrar nos derradeiros minutos para levarse os dous puntos.
Mellora a cara en defensa o Xiria, sinatura pendente no que vai de tempada, e segue a resolver no ataque, volve a haber parón para a semana e dentro de dúas toca viaxar a medirse co Carballal vigués.