Vitoria do Santo Domingo de Betanzos na casa do Calvo Basket Xiria, (75-80)


Partido complicado dende o inicio, no que ao Calvo Basket Xiria lle custou entrar en dinámica de xogo, a pesar do resultado positivo do 1º cuarto (21-19). O segundo tempo mellorou con ataques mais fluídos e intensidade defensiva, o que lle permiti uconseguir unha pequena vantaxe de 11 puntos no parcial (25-15), para chegar ao descanso 45-34.

Na reanudación do partido, a zona plantexada polo Santo Domingo de Betanzos non sentou nada ben ao Calvo Basket Xiria, “atragantouse”, non tomando boas decisións en ataque e baixando a intensidade defensiva, á vez que o seu xogo interior estaba facendo moito dano. Este terceiro cuarto rematou 61-58 (16-24 para os betanceiros).

Xa no último sen Pablo Lopez-Pizarro (lesionado) e os visitantes tendo uns bos momentos de xogo, o equipo carballés non soubo xogar as súas bazas e a pesar se chegar a un final apretado, non tivo a fortuna doutras ocasions do seu lado e rematou o partido perdendo de 5 puntos, con resultado de 75-80.

Ben loitado por parte do Calvo Basket Xiria, gran aportacion de varios xogadores, pero necesita a toda a plantilla o 100% para xogar contra equipos do seu nivel medio.