Vitoria e clasificación do Garaysa Xiria para a Final Four

Cedida.

O Garaysa Xiria desprazouse a Vigo para xogar contra o Reconquista. Partido que lle permitía a clasificación matemáticamente para a Fase Final da competición.
Ao equipo carballés custoulle entrar no partido, xa que non remataba de atoparse cómodo a nivel defensivo, pero logo duns axustes, comezaron a enlazar varios roubos de balón e contraataques, que os deixaba cun marcador ao descanso de 16-22.
Na Segunda metade, os carballeses seguían amosando un gran nivel de xogo, e as ganas que teñen de competir e de seguir mellorando de cara ao final de temporada. O nivel defensivo seguía a ser moi alto, e a posibilidade de correr contraataques en segunda oleada permitiulles romper o partido e levarse o encontro cun 28-37.
O Garaysa afronta este fin de semana o último partido ante o segundo clasificado, rival ao que aínda non lle conseguiron gañar nesta fase da Liga. O equipo atópase nun gran momento de forma e moral, e está xa a traballar para o resto de tempada.