Vitoria importante do Calvo Basket Xiria ante un difícil rival, o Corinto Gijón Basket (77-62)

1 minutes read

Gran plantexamento do adestrador Héctor Méndez e magnifica execución do Calvo Basket Xiria, que tivo enfronte, no Vila de Noia en carballo, a un difícil equipo e de gran calidade, coma o Corinto Gijón Basket.

O partido comezou cun xogo de tanteo e coa importancia que soen ter estos encontros contra un rival directo. Moitos fallos neste primeiro tempo, pata chegar a un marcador para os xixonenenses de 13-17.

O segundo parcial foi para os de Carballo, 26-11… xa centrados totalmente e facendo un xogo vistoso e aprentando duramente en defensa, a pesar de que a altura dos rivais os superaba por moito. Chegouse ao descando cun marcador de 39-28 (+11).

No terceiro parcial o Gijón Basket púxose mans á obra e gañouno pola mínima (13-14), xa que o Basket Xiria estivo acertado no xogo e foi quen de reter o empuxón do rival e a vantaxe adquirida.

No derradeiro tempo de xogo o Calvo Basket Xiria fíxose dono do ataque e da defensa, aumentando a vantaxe no marcador, que salvo nos últimos minutos, e debido ós tiros libres por faltas dos carballeses, o Gijón Basket puido reducir a diferenza, para rematar 77-62.

Gran paso adiante do Calvo Basket Xiria que está en racha positiva de resultados e de xogo.