Vitorias dos dous equipos cadetes masculino do Xiria BM

2 minutes read

Balonmán Viveiro 17 – Grupo Lemaco Xiria A 46 (5-21)

A diferenza de nivel entre os dous equipos quedou de manifesto nos primeiros intres do encontro, a competición previa a disputa da Liga Galega, da estes emparellamentos desiguales que se deben afrontar da mellor maneira e intentando sacar proveito para futuros compromisos.

Pouca historia nun partido onde o Xiria cada vez que imprimía velocidade ao seu xogo conseguía plantarse con facilidade na portería contraria, a presión defensiva facía que xogo do ataque do Viveiro se enmarañase e cometera erros con perdas de balón.

NA segunda metade o Viveiro concentrou o seu ataque en xogar cos pivotes, de moita envergadura, e aí foi quen de facer o pouco dano que poido. O grupo Lemaco dominaba o encontro ata ese final 17 a 46.

Balonmán Lucus 24  – Grupo Lemaco Xiria B 32 (9-17)

Tamén acadou a Vitoria o Grupo Lemaco B cadete en Lugo fronte ao Lucus, nun partido que dominou dende inicio e no que amosou moito orden e velocidade ante a maior envergadura dos lucenses.

Comezou moi asentado o Xiria na súa defensa 5:1 impedindo que os lanzadores contrarios se achegasen con perigo e sobre todo  aproveitando cada fallo do rival para sair e marcar a contra. Un parcial de 1 a 5 inicial, daba boa conta das gañas e confianza que demostraba o equipo no arranque. Cos minutos o Lucus insistía no xogo interior cos seus pivotes, o que as veces dáballe resultado e anotaba e outras precipitaban e cedían a posesión ao Xiria que no contragolpe ía incrementando distancias.

Logo do descanso, o Lucus achegouse timidamente no marcador, a base de lanzamento exterior cando o Grupo Lemaco por veces dou pasiños atrás e perdeu profundidade na defensa, pero o bo facer do Xiria  no ataque especialmente moi atinados dende os extremos, aguantaba o marcador e deixaba un cómodo final de partido para os de Carballo.