Finalmente todo quedou nun susto. Os técnicos especialistas en desactivación de artefactos explosivos (Tedax) inspeccionaron esta tarde os edificios xudiciais tras unha ameaza de bomba e non acharon nada sospeitoso nos edificios das Fontiñas nin na Cidade da Cultura, onde se celebra o xuízo do Alvia.
Despois de desaloxar ambas instalacións, a Policía volveu a permitir o acceso aos mesmos tras comprobar que se trataba dunha ameaza falsa. Nin na Cidade da Cultura nin no edificio xudicial situado en Fontiñas, onde se rexistrou a alerta inicial, se detectou ningún artefacto explosivo polo que a Policía autorizou a volta á normalidade.
Así mesmo, na Cidade da Cultura tamén se retomou a vacinación da segunda dose de reforzo que, precisamente, se iniciou este venres, no Gaiás, para os maiores de 85 anos.