Volve o autocine a Muxía co filme «El rey león»

0 minutes read
  • Será unha das actividades da programación cultural deste verán

A falta dunhas semanas para dar a coñecer a programación cultural e de actividades do Concello de Muxía para este verán, a concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, anunciou que un dos pratos fortes será o autocine, que volve á vila da Barca tras o éxito da primeira edición.

Polo de agora só se avanzou que o filme proxectado será «El rey león», unha película perfecta para ver en familia.