Do 12 ao 19 de maio celebrarase a 37.ª edición deste Festival, que ano tras ano afianza a máis público.
A aldea do Couto encherase de música -con concertos coma os de Rodrigo Romaní, Marisa Valle Roso, Rosa Cedrón, Emilio Rúa, Mercedes Peón, Ezetaerre, Terbutalina, Che Sudaka ou Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre- de contos e historias da man de Celso Fernández Sanmartín ou Fina Casalderrey e de ciencia.
Sen dúbida un acto no que se xunta o mellor de diferentes mundos, e tendo a Galicia presente en cada un deles.