Von der Leyen viaxou a Kiev para falar da ampliación da UE

1 minutes read

Ursula von der Leyen realizou este sábado unha visita a Kiev como mostra de apoio ao país. A presidenta da Comisión Europea foi recibida polo presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski. Aínda que o tema da adhesión de Ucraína á Unión Europea encabezou a axenda. A “axuda financeira, o apoio militar” e “o tema do decimosegundo paquete de sancións” europeas contra Rusia foron outras das prioridades da visita que se produce no Día dos Traballadores ferroviarios e unha semana despois de que Zelenski urxise ao bloque para acelerar as negociacións para a adhesión de Ucraína. Na súa sexta viaxe á capital ucraína desde o comezo da guerra, a política alemá foi recibida na estación de trens polo presidente Zelenski, unha mostra da importancia que para Kiev ten a visita. A viaxe da presidenta da Comisión prodúcese nun momento no que a guerra ruso-ucraína perde peso internacional ante o estalido en Oriente Medio da guerra entre Israel e Hamás, e a poucas/pouas semanas de que a UE haxa de tomar unha decisión sobre o comezo das negociacións para a adhesión de Ucraína.