VOX organizou unha homenaxe en Malpica a José Antonio Pardines, primeira vítima de ETA

1 minutes read

VOX A Coruña organizou este martes unha homenaxe á primeira vítima de ETA, José Antonio Pardines Arcay, asasinado pola banda terrorista en 1968. Ás 20.00 hs., tivo lugar unha ofrenda floral fronte ao monólito ergueito na súa memoria, na praza Anselmo Villar Amigo, á beira do Concello de Malpica.

Desde fai tres anos a formación política celebra esta homenaxe co ánimo de repetilo en cada aniversario.

O presidente de VOX A Coruña, Miguel Ángel Fernández, destaca a importancia deste acto para manter vivo o recordo de José Antonio Pardines, porque a pesar da súa orixe coruñesa (Malpica), aínda hoxe moitos galegos descoñecen a historia deste mozo asasinado da forma “máis violenta e criminal”.

Para o presidente de VOX A Coruña, “en contra do que se nos queren facer crer, a loita contra o terrorismo non está gañada nin é cousa do pasado”. Así o proba, asegura Miguel Ángel Fernández, que estea ‘tristemente’ de actualidade a doutrina Atristain introducida recentemente polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e que provocou a solicitude de excarceración doutros terroristas etarras, ou do islamita, DrissOukabir, condenado a 46 anos polos atentados de Barcelona.

“Só venceremos ao terrorismo cando todos os terroristas sexan encarcerados e cumpran as súas penas”, conclúe Miguel Ángel Fernández.