31
O encargado do programa económico de Vox e vicepresidente do partido, Víctor González Coello, asegurou nun mitin en Albacete que se a formación de extrema dereita goberna «pechará» A Sexta. Dirixíndose ao candidato por esta provincia, Rafael Sánchez Lomana, a quen agradeceu o paso adiante, González Coelloo dixo que «el traballaba para unha canle que pecharemos se gobernamos: A Sexta». Esta mesma medida en contra da canle de Atresmedia viuse reflectida na conta oficial de Vox, no que cualificaban á súa información como «telelixo».