VOX segue denunciando o silencio ao que lles someten os medios públicos galegos

1 minutes read

O candidato de VOX á Presidencia da Xunta de Galicia, Álvaro Díaz-Mella, denunciou este martes a censura desde a televisión pública galega ao restrinxir a participación de VOX nos espazos electorais e o debate de candidatos.

“Unha vez máis nos vemos sometidos á censura e a televisión de Galicia (TVG) decidiu antepoñer a Sumar e a Podemos, antes que á terceira forza política nacional, que é VOX”, lamentouse. “De quen depende a televisión de Galicia? Pois eso”, ironizou Díaz-Mella.
E non só na televisión galega. Segundo Díaz-Mella, o PP pactou co PSOE que VOX non estea presente nos debates electorais nin ter cobertura electoral en ningunha televisión pública “porque queren silenciarnos”, pero “nós non nos imos a render e tentaremos por todos os medios facer chegar a todos os galegos o programa de VOX en Galicia, sen mentiras nin manipulacións”, advertiu.
Así o explicou Díaz-Mella en Vilagarcía, onde participou nunha mesa informativa para trasladar aos veciños da localidade arousana as propostas do partido para a comunidade galega.
Para o candidato de VOX á Presidencia da Xunta, o PP está a equivocarse en Galicia, do mesmo xeito que se equivocou nas últimas eleccións xerais porque “nós non somos o inimigo”, insistiu.
Aínda así, o candidato á Presidencia da Xunta, Álvaro Díaz-Mella, mostrouse optimista para as eleccións galegas do próximo 18 de febreiro, e asegurou que se se repiten os resultados que a súa formación obtivo en Galicia o pasado 23 de xullo, VOX entrará con forza no parlamento galego para reverter as políticas que vén adoptando o PP e que, nalgúns casos, son “practicamente iguais” ás do PSOE.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?