Esta solicitude pode formularse por dúas vías. Unha é por internet, entrando na sede do INE, na que se inclúen os trámites relativos ao censo electoral. Para poder facelo cómpre contar cun dos certificados electrónicos que recoñece esta sede electrónica ou estar de alta no sistema de identificación dixital Cl@ve. A outra, presencialmente nos concellos ou consulados nos que están expostos os censos para o 28-A. Como explica a Oficina do Censo, esta solicitude de exclusión do censo que é entregado aos partidos é “permanente”. Daquela, se a persoa que pide non recibir propaganda electoral quere volver recibila nun futuro ten que realizar o mesmo trámite en sentido contrario. Para que a exclusión xa rexa nas eleccións xerais do 28-A o trámite debe completarse antes da fin do período de exposición do censo, isto é, o devandito 18 de marzo. Se é realizado máis tarde o nome en cuestión sería excluído do censo dos partidos no seguinte proceso electoral, neste caso as municipais e europeas do 26 de maio.+praza.gal