Xa son 9 as persoas mortas nos cárceres galegos en 2019

1 minutes read

O pasado 21 de agosto falecía unha persoa -cuxo nome non se fixo público- no cárcere de Pereiro de Aguiar. Con ela, xa son nove os presos que faleceron este ano e dez desde decembro de 2018. Ou o que é o mesmo: en 9 meses, 10 persoas morreron nos cárceres galegos (tres en Teixeiro, tres no cárcere de Pereiro de Aguiar e un, respectivamente, na Lama, Bonxe e Monterroso). As persoas morren sobre todo por tres causas: sobredoses -de droga e por un descontrol no consumo de fármacos-, enfermedades crónicas e suicidios”, mais apuntan tamén ao recorte na sanidade penitenciaria. Teixeiro deixou de ter un médico as 24h. E se unha persoa ten un paro cardíaco non hai médico no cárcere, onde hai unhas mil persoas?.