19
- Lucas Santos, Lucas Moreira e Salvador Andrade foron os campións da fase local na comarca de Bergantiños
Despois de dous anos de parón debido á pandemia, a escola municipal de xadrez de Ponteceso participou o pasado domingo, e a nivel comarcal en Bergantiños, no torneo escolar Xogade 2022.
A representación pontecesá concursou na categoría de infantil. Con 6 xogadores por sistema de liga resultou vencedora por equipos con Lucas Santos, Lucas Moreira e Salvador Andrade. Estes xadrecistas, xunto co gañador individual de Carballo, serán os representantes na seguinte fase intercomarcal da Coruña que se celebrará este mes de abril.