38
O historiador carballés Xan Fraga Rodríguez presenta hoxe martes ás 20:00 horas o seu último libro, «Arquitectura e urbanismo. Unha ucronía carballesa», editado pola Asociación Cultural Lumieira coa colaboración do Concello de Carballo. O traballo recolle 35 anos de investigación sobre o Carballo que puido ser e non foi. O acto celébrase no salón de actos do Pazo da Cultura (2º andar). Entrada libre ata completar aforo.