- A través desta actividade, a veciñanza poderá enviar pinturas e debuxos, que posteriormente conformarán unha exposición
O Concello de Malpica propón a iniciativa ‘Xanelas abertas’ para finalizar o compendio cultural proposto durante o estado de alarma. A través desta actividade, a veciñanza poderá enviar pinturas e debuxos, que posteriormente conformarán unha exposición en lembranza da crise sanitaria que estamos a vivir.
Con “Xanelas abertas”, impulsada desde a concellería de Cultura do Concello de Malpica, buscouse darlle valor a un elemento vertebrador da nosa sociedade: a cultura. «Trátase da guinda a unha serie de traballos previos non só para manternos ocupadas durante o confinamento, senón tamén para resaltar o valor da cultura e de crear recordos, que nos conforman como sociedade ao fin e ao cabo”, sinalou a concelleira de Cultura, Leticia Varela.
