- A exposición poderá visitarse desde o 21 de novembro ao 10 de decembro
O vindeiro xoves 21 de novembro, o Alcalde do Concello de Carballo, Evencio Ferrero, e a Concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, inauguran a exposición fotográfica “Xeitos de ver: Construíndo masculinidades positivas”.
O acto comezará ás 12:00 horas no Pazo da Cultura e tamén asistirán Rosaura Romo Hernández, Responsable do Programa Reincorpora da Fundación Érguete-Integración e outro persoal da entidade.
Esta exposición é o resultado do Taller de Fotografía e Igualdade, impartido por Fundación Érguete-Integración a doce persoas usuarias da entidade e que contou coa financiación do Concello da Coruña. Poderá visitarse desde o 21 de novembro ata o 10 de decembro.
Un completo proceso de aprendizaxe
O proxecto “Xeitos de Ver” naceu para dotar a este grupo de persoas das ferramentas e recursos necesarios para que elas mesmas sexan capaces de detectar aqueles comportamentos, elementos simbólicos ou mobiliario urbano que continúan no día a día reproducindo roles e estereotipos de xénero, e que polo tanto manteñen vixente o machismo e a violencia.