Xesús Ferreiro e Xavier Anido quedaron sen poder participar no Rallyspirit Altronix

1 minutes read

A que ía ser primeira participación de Xesús Ferreiro e Xavier Anido no Rallyspirit Altronix en Portugal non chegou sequera a comezar, pois cando o pasado venres e tras verificar o Ford Escort RS MKII 1800 co que tiñan previsto competir desprazábanse polo percorrido de ligazón cara á Súper Especial de Gaia, o embrague rompía. E xa non houbo maneira de solucionalo, pois na peor das situacións e en caso de reparalo poderían realizar as etapas do sábado e o domingo. “É unha pena o que nos pasou porque chegabamos con moita ilusión, ganas de facelo ben e de tentar que os afeccionados gozasen. Pero a avaría era demasiado importante como para arranxala alí mesmo, polo que non nos quedou outra opción que abandonar”, comentaba un abatido Xesús Ferreiro.