Xiomara Castro, nova presidenta de Honduras

1 minutes read

Xiomara Castro asumiu o cargo de presidenta de Honduras. É a primeira vez na historia que unha muller asume o mandato do país centroamericano. A nova presidenta destacou durante a cerimonia que tiveron que pasar dous séculos de independencia para que ocorrese. A mandataria terá que dirixir o rumbo de Honduras, un país golpeado por: a pobreza cunha alta taxa de ao redor do 70%, o narcotráfico, a corrupción e a falta de transparencia dos Gobernos anteriores.

De 62 anos, esquerdista e esposa do expresidente Manuel Zelaya, co que circulou con chapeu polas rúas de Tegucigalpa, Xiomara acabou coa supremacía da dereita no país, grazas a unha coalición liderada polo seu partido, Liberdade e Refundación. Ao seu xuramento que comezou cunha misa na Ermida da Virxe de Suyapa, acudiron miles de hondureños e invitados especiais de varios países como o rei de España, Felipe VI, o presidente de Costa Rica, Carlos Alvarado e a vicepresidenta de Estados Unidos, Kamala Harris.

A nova presidenta de Honduras, Xiomara Castro, afirmou este xoves que a refundación do país centroamericano comeza polo restablecemento do respecto ao ser humano e comprometeuse con «non máis narcotráfico, nin crime organizado».