26
Vimianzo celebrou este sábado o III Dúatlon Val de Soneira, no que se deron cita máis de 350 deportistas chegados de todos os puntos da xeografía galega, e algúns nacionais, competindo en cinco categorías distintas, para competir na que foi a primeira proba do Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada deste 2024.
Estes foron os gañadores desta edición:
– Categoría Supersprint saída inclusiva: Íñigo Villanueva Moreira
– Categoría supersprint cadete, xuvenil e júnior: Damián Suárez Couto e Marta Pereira – Borrajo Vayo.
– Categoría supersprint popular: Damián Álvarez Tajes
– Categoría sprint feminina: Eva Piñel Lorenzo.