Xornada solidaria de Escolas Balonmán Xiria


Este sábado as Escolas Balonmán Xiria organizaron unha xornada solidaria na que se desputaron encontros amigables entre ex xogadores e un amigable entre o equipo senior de 1ª Nacional, o Calvo Xiria, e o Bm. Culleredo. O fin da xornada era a recollida de alimentos en favor de Cáritas Interparroquial de Bergantiños.
A participación d@s xiareir@s foi admirable e coas súas doazóns xuntaron máis de media tonelada de alimentos.

Os responsables de Cáritas Carballo mostraron o seu agradecemento por estos alimentos que son tan necesarios para axudar @s que máis o necesitan. A doazón foi entregada polo vicepresidente de Escolas Balonmán Xiria, José Antonio Rodríguez, ese mesmo día nas instalacións de Cáritas en Carballo.

A xornada deportiva comezou ás 16:30 co partido de ex xogadoras no que se reuniron 14 antiguas compoñentes do equipo feminino. Un partido igualado e divertido que se decidiu nos intres finais gañando o equipo branco por un gol de diferenza.
O seguinte encontro foi o de ex xogadores ás 17:30 horas. Reuníronse casi trinta xogadores que formaron parte do plantel dos equipos masculinos de E. Bm. Xiria nos pasados anos. A igualdade neste caso foi máxima pois o encontro rematou en táboas despois de 50 minutos de xogo que souberon a pouco.
A xornada pechouse co encontro amigable entre o Calvo Xiria e o Bm. Culleredo no que o equipo de 1ª Nacional impuxo a súa experiencia en competición gañando o encontro por 41 a 26.

Unha tarde de diversión, reencontros, solidariedade e moito balonmán. Unha boa causa que xuntou a antigos compañeiros nunhas datas especiais. A maneira perfecta de comezar este 2020.