Xornadas sobre axudas para empresas e autónomos en Cerceda

1 minutes read
  • Desenvolverase o día 16 de febreiro no polígono industrial do Acevedo

Cerceda albergará o próximo mércores 16 unhas xornadas sobras axudas e subvencións para empresas e persoas autónomas de cara ás posibilidades de ampliación ou modernización dunha compañía que xa estea creada. Organizadas pola Cámara de Comercio da Coruña, serán de balde e desenvolveranse no viveiro industrial de empresas do Concello, sito na rúa Innovación, no polígono industrial do Acevedo.

As charlas impartiranse de 20:00 a 22:00 horas e hai dispoñibles un total de 32 prazas. Será preciso inscribirse chamando ao 881 981 553, en horario de 8:00 a 21:00 horas, ou enviar un correo a viecerceda@gmail.com.