- Nun comunicado remitido a redacción de nhdiario.es explica as razóns que o levaron a tomar esta decisión.
Chego a esta iniciativa, pola insistencia do señor José Cameán Vázquez (impulsor dá figura de Alfredo Brañas), despois de varios encontros e aínda que non tiña tempo, nin pensaba que a miña persoa tivera relevancia e non ter clara a idea que me propoñían, moralmente non podía dicir non a colaborar nun proxecto de relanzar a figura de Alfredo Brañas e a posible recuperación da súa casa natal como viña defendendo eu publicamente con anterioridade. Varias condicións foron expostas ao señor Cameán, unha delas a de ter que crear unha entidade legalmente constituída para aglutinar este proxecto e facer todo dunha forma transparente, perfectamente articulada e cunha programación perfectamente establecida e sobre todo que fose participativa e aberta a todas as persoas que quixeran contribuír a impulsar a figura de Brañas e con persoeiros de relevancia.
O 15 de novembro de 2018 nos locais do Casino de Carballo, firmouse a acta de constitución da entidade que se denominou nun primeiro momento «Padroado Alfredo Brañas de Carballo, desta reunión sairon os dezasete membros que constituirían o Padroado, baixo a presidencia de Adriana Hurtado, a vicepresidencia de Mª Isabel Fernández, na secretaría Xosé Mª Arán, na tesourería José Cameán e como vogais: Patricia Mañána, Fco. José Méndez, Antonio Pacoret, Ricardo Vílas, José Manuel Hurtado, Miguel Anguel Calvo, Santiago Pazos, José Fernándo Añón, Ramón Tasende, José Manuel García, Carlos Puga, Francisco Prado e Antonio Pichel.
Fai poucas datas e por indicación da Xunta tivo que mudar o nome de Padroado polo de Asociación para non incorrer en confusión cun dous órganos que representa a Fundación Alfredo Brañas existente na cidade de Santiago, separadamente deste tema burocrático, desde o ano 2018 e ata hoxe desenvolveronse unha serie de actos para relanzar a figura de Brañas na celebración do seu 160 aniversario e un tentou facer o mellor posible para acadar estas metas.
Nesta despedida teño que recoñecer que iniciativas como estas nacen sempre polo impulso de persoas e non sería xusto se non recoñecera a Don José Cameán Vázquez como un loitador constante, persoa emprendedora e alma mater deste proxecto que sen a súa iniciativa seguramente hoxe non se terían desenvolto moitos dos actos realizados. Pero tamén teño que deixalo ben claro que a miña marcha dévese a mesma persoa que me fixo a invitación a participar. Non é a intención hoxe de entrar en máis detalles, se se precisasen faríanse.
Como dicía Felix María de Samaniego: «É de suma importancia ter nos traballos tolerancia, pois a impaciencia na contraria sorte é un mal máis amargo que a morte.»
Para rematar agradecer o resto dás compañeiras e compañeiros que estiveron desde o comezo e aqueles que o foron deixando polas mesmas causas que eu o deixo, agradecerlle polo que un aprende dás súas aportacións, como as persoas e colectivos que colaboraron, especialmente ao Concello de Carballo en especial na figura do seu alcalde que sempre nos atendiu con esquisitez e colaborou nas propostas realizadas sempre moi xenerosamente.
Lembrando parte do limiar de Juan Barcia no libro do «rexionalismo» de Brañas: «Galegos, espertade! Xa resoa nos aires o clarin que nos chama e convoca á unión frutífera e valedoira…». Pois que así sexa e que a figura de Alfredo Brañas continue resoando na memoria de todos os Galegos.