As principais bolsas do Vello Continente pechan con perdidas de máis do 10%, París pecha con menos 12,28%, o peor resultado da súa historia e Frankfurt con menos 12,24% o seu peor resultado desde 1989, despois de que o Banco Central Europeo (BCE) comezase a difundir as súas primeiras medidas para facer fronte a unha posible recesión polo coronavirus, entre as que non se aprobou un novo recorte dos tipos.
Unha medida que se adoptaron nos últimos días outros bancos centrais como a Reserva Federal de EE. UU. ou o Banco de Inglaterra.
O BCE informou de que mantén os tipos de interese, pero levará a cabo máis operacións de liquidez a longo prazo temporalmente, e mellorará as condicións das que xa aprobara para que o sistema financeiro teña suficiente liquidez #ante a crise xerada pola pandemia de coronavirus.
A Bolsa española perdía os 7.000 puntos nos primeiros compases da sesión deste xoves tras esborrallarse o 6 %, nunha xornada de grandes perdas en todas as prazas mundiais ante a falta de medidas económicas importantes para facer fronte a unha posible recesión polo coronavirus.
A bolsa de Londres que non depende do BCE perdía ao peche un 10%.