Xuíces de seis provincias seguen rebaixando penas a agresores sexuais


Desde os tribunais de Madrid, Zaragoza, Málaga, Granada, Biscaia e Valladolid anunciaron que revisarán individualmente as condenas de agresores sexuais en base á aplicación da lei, fóra dos casos no que os penados obtivesen a suspensión da condena e non se atopen en prisión. A maioría dos xuíces están a votar a favor de aplicar a norma máis favorable ao reo, desmarcándose así do criterio que fixou a Fiscalía Xeral do Estado a principios de semana e dos maxistrados que interpretan que é aplicable a disposición transitoria quinta de Código penal. Esa disposición transitoria establece que cando a pena imposta «sexa tamén impoñible» conforme a nova norma, é dicir, entre dentro da pinza de penas contemplada, non ten por que revisarse.