Xunta, empresarios e sindicatos referendan un pacto para intensificar o diálogo social

1 minutes read

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu a Mesa do Diálogo Social e precisou máis polo miúdo que este pacto pon o foco en dúas grandes prioridades. En primeiro lugar, na competitividade empresarial: co impulso á dixitalización e ao financiamento, coa reactivación da demanda e co impulso do rural e a transformación baseada na innovación.

Declaracións do presidente da Xunta, Alberto núñez Feijóo.

No tocante ás políticas de emprego, Feijóo referiuse a medidas de apoio no novo contexto poscovid; á necesidade de seguir cos ERTE naquelas actividades onde sexa imposible reactivar o emprego; á regulación do teletraballo; ao impulso da formación adaptada aos novos tempos; a maiores facilidades para conciliar; á modernización do sistema de orientación laboral; e á consolidación dos servizos públicos, “porque a sanidade, a educación e os servizos sociais son claves para saír desta situación”, sentenciou.